Tuesday 14 de May de 2024

Os usuarios xa disfrutan da nova senda litoral de 560 metros de longo entre a Ameixida e Area Secada tras a súa apertura


Este é o a quinta obra para poñer en valor o uso e disfrute da costa emprendida polo Executivo nesta lexislatura, tras as efectuadas en Coroso, O Touro e A Catía e a unión de Coroso e Río Azor

Un día despois de que tivese lugar o acto de balance do proxecto Riveira Atlántica 2015 abría para disfrute de veciños e visitantes unha das actuacións englobadas dentro deste plan que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder: a senda mariñeira de 560 metros de lonxitude que une Area Secada co porto de Ameixida.

Os primeiros usuarios animáronse a disfrutar deste novo paseo que dá continuidade ao do Touro e das impresionantes vistas da ría que dende alí se divisan. O itinerario descorre case na súa totalidade pola zona de servidume de tránsito marítimo-terrestre e para a súa realización empregaranse materiais acordes, como madeira, zahorra artificial e pavimento térreo tipo Aripaq.

Tiveron lugar con resultado satisfatorio as probas de carga na zona de actuación. Procedeuse á instalación de paneis divulgativos sobre a contorna, ademais de bancos e papeleiras e á sinalización viaria.

A obra foi executada pola empresa barbanzana Nemesio Ordóñez S.A. e tivo un orzamento superior aos 330.000 euros.